O pasado mércores, día 1 de decembro, visitado a planta de tratamento de augas residuais, EDAR, de Bens co alumnado de 4º da ESO e o alumnado de ciencias de 1º de Bacharelato.
Os nosos alumnos e alumnas descubriron, da man da nosa anfitriona Patricia, tódolos procesos que se levan a cabo na planta que trata tódalas augas residuais de Coruña, Arteixo, Culleredo, Cambre e Oleiros. Patricia tamén nos explicou os diferentes programas de investigación que teñen en marcha, como a unidade mixta de gas renovable ou o proxecto CovidBens, que axudou a detectar con antelación os diferentes picos de contaxio da Covid-19 durante este último ano e medio.
Ademais, un dos momentos máis interesantes e impactantes para o noso alumnado foi cando Patricia nos mostrou a cantidade de materiais, obxectos e substancias que chegan á planta que non deberían chegar: artículos de hixiene feminina, toalliñas “biodegradables”, bastóns dos oídos, comida, aceites, tecidos, substancias químicas dalgunha empresa que non cumpre a normativa como debería, etc, e incluso cadáveres de animais.
Despois da visita, o noso alumnado quedou máis concienciado da importancia de utilizar o retrete tan so para o que está deseñado: o retrete non é unha papeleira; todo o que non sexan restos de urina ou feces non debe rematar nel.
Á EDAR de Bens chega tamén todo aquelo que acaba nos sumidoiros, polo que todo o que remata no chan das nosas rúas, acabará chegando á planta de tratamento de augas residuais, podendo, nalgúns casos, causar danos importantes á infraestrutura e procesos da planta.
Podedes visitar a páxina web da EDAR de Bens (https://edarbens.es/) para máis información sobre o que podemos mellorar respecto ás nosas condutas como, por exemplo, reciclar correctamente o aceite usado na casa.

Escribe un comentario