Benvidos/as un curso máis ao noso recuncho da ciencia!!
Este ano comezamos a nosa andaina no Taboleiro de Ciencias cos/as galardoados/as cos Premios Nobel 2020:
- O Premio Nobel en Fisioloxía ou Medicina foi outorgado a Harvey J. Alter, Michael Houghton e Charles M. Rice, polo descubrimento do virus da Hepatite C.
- O Premio Nobel en Física é compartido por Roger Penrose, polo descubrimento de que a formación dos buracos negros é unha predición robusta da Teoría Xeral da Relatividade, e a Reinhard Genzel e Andrea Ghez (cuarta muller en recibir este premio), polo descubrimento dun obxecto supermasivo compacto no centro da nosa galaxia.
- O Premio Nobel en Química otorgouse a Emmanuelle Charmentier e Jennifer A. Doudna, polo desenvolvemento dun método para a edición de xenes (CRISPR). É á primeira vez na historia que este galardón recoñece a dúas mulleres.
Este derradeiro premio déixanos certo sabor agridoce e un pouco decepcionados, pois a academia non considerou que o premio fose compartido co científico español Francis Mojica (Universidade de Alicante), pola súa imprescindible contribución, xa que foi o descubridor da proteína Cas9 en arqueobacterias e da propia técnica (CRISPR-Cas, á que, ademais, deu nome), que máis tarde estas dúas grandes investigadoras aplicaron. Unha verdadeira mágoa para a ciencia española.
Parabéns a todas e tódolos galardoados, aos seu equipos e a tódolos científicos e científicas que contribuíron a estes logros utilizando a investigación científica básica e aplicándoa en cadanseu campo de investigación. Grazas polo seu gran traballo e a súa contribución ao coñecemento científico, á loita contra enfermidades, ao coñecemento do noso contorno na Vía Láctea e ao desenvolvemento de novas tecnoloxías biotecnolóxicas con amplos campos de aplicación.

Escribe un comentario