Co gallo do Día Contra da Violencia de Xénero, un grupo de alumnos participamos na elaboración e exposición dun panel no que se mostran casos reais de violencia de xénero no noso país durante o ano 2017.

Persoalmente gustoume moito poder participar desta iniciativa para dar visibilidade a todos os casos de violencia machista que se producen diariamente no noso país, xa que, aínda que non o acabemos de crer, é un tema que nos toca moi de cerca e calquera día pódenos pasar a nós.

Neste mural tan só vemos reflectidos os casos de mortes en mulleres, aínda que, ben é certo, tamén ocorren casos de homes, non sendo tan comúns. O ano pasado (ata novembro) foron 44 mulleres as asasinadas polas súas parellas ou ex-parellas sentimentais; e esas tan só son as que se chegan a saber. Un dato que chamou especialmente a miña atención foi que nestas “necrolóxicas” non só foron mulleres, senón nenos e nenas, familiares e incluso animais da vítima os que sufriron danos, tanto psíquicos como físicos.

É impactante todo o que acontece, e o máis triste é que non podemos culpar tan só aos asasinos, senón tamén a toda esa xente que non fai nada por evitalo ou, por riba, apoia estes actos. En definitiva, a sociedade en si mesma, qué é algo que me parece bastante triste.


Artigo escrito pola alumna Aldara Calviño Mouro (1º Bac)

Escribe un comentario



Últimas Noticias