Alumnos e alumnas dos diferentes cursos da ESO e de 1º de Bacharelato colaboraron na realización dun mega mural no que traballaron as materias de Debuxo, Biology and Geology e Physics and Chemistry.

No mural pódense ver os distintos continentes e países que forman o noso planeta. Estes foron identificados con números e letras, que os relacionan coas distintas especies animais e vexetais e diversas explotacións de recursos minerais e metais.

Por unha banda, os alumnos e alumnas de Biology and Geology quixeron dar a coñecer parte da importante biodiversidade da que nos nutre o planeta e, por outra banda, alumnado de Physics and Chemistry investigou as zonas e procesos de obtención dalgúns dos recursos minerais e de diversos metais importantes para o desenvolvemento tecnolóxico.

A experiencia foi moi reveladora, pois fíxonos pensar na grande importancia e na cantidade de especies que forman parte da biosfera e dos recursos que podemos obter da xeosfera. Ademais, grazas á colaboración entre os diferentes cursos e as diferentes materias, os rapaces e rapazas sentíronse parte dun todo no que cada un deles/as puxo o seu gran de area.

Escribe un comentario



Últimas Noticias