O pasado 19 de xaneiro, o alumnado de 5º e 6º de educación primaria, desfrutou no Palacio da Ópera dun espectáculo, chamado "Cousas de catro", ofrecido polo grupo Odaiko, integrado por catro percusionistas galegos que compaxinan a música co teatro. Algo que caracteria a este grupo é o humor e a interacción co público nos seus espectáculos, debido ao cal resulta moi atractivo e divertido de cara ao público infantil. Nesta actuación puidemos ver a Odaiko facendo música con todo tipo de elementos; con sons cotiás como pode ser o son dun grifo que se abre e se cerra, co propio corpo, cos sons que emiten os xoguetes, con bidóns golpeados por baquetas, con tubos de plástico de diferentes tamaños e tamén cunha marimba (instrumento de láminas de madeira e tubos).
Co alumnado de 5º de primaria, unha vez na aula, e despois de inspirarse no Palacio da Ópera con Odaiko, realizamos un concurso de percusión corporal, no cal quedaron como finalistas María Victoria, Hugo Fernández e Iván. E como gañador indiscutible Iván, pois conseguiu animar a toda a clase cos seus ritmos, demostrando o seu talento para a percusión corporal.
Deixamos o enlace cun momento do concurso:
https://youtu.be/fFlD728wF1E

Escribe un comentario



Últimas Noticias