Xusto antes do parón vacacional, visitamos o Museo Nacional de Ciencia y Tecnología MUNCYT, visita complementaria ás diferentes áreas de Ciencias para o alumnado de 1º e 2º da ESO.

A visita fíxose máis amena do habitual grazas aos diferentes xogos que as monitoras do museo nos tiñan preparados: unha proba de entendemento dos inventos, un concurso con batería de preguntas para que os nenos e nenas procuraran a solución de todas elas percorrendo unha zona do museo, completar unha ficha coas diferentes partes dun avión, etc.

O grupo divertíuse moito na visita, destacando a zona dos robots e, por suposto, a posibilidade de entrar na parte dianteira (cabina dos pilotos e a de pasaxeiros de primeira clase) do Boeing 747 de Iberia “Lope de Vega”. Nese momento a frase de Bernardo de Chartres, e máis tarde adoptada por Newton, que preside a sala dos robots tomou todo o seu sentido: “Quasi nanos gigantum humeris insidentes” (Somos como ananos a ombreiros de xigantes).

Escribe un comentario



Últimas Noticias