Os alumnos de 2º de educación primaria realizaron unha pequena investigación sobre os seus animais favoritos. A idea deste traballo xurdíu a consecuencia de que estivemos traballando ao longo do curso varias unidades relacionadas cos diferentes grupos de animais, vertebrados e invertebrados, ovíparos e vivíparos, etc. E pareceunos unha boa idea aplicar os nosos coñecementos e amplialos con esta investigación. Para levala a cabo, primeiro, cada un fixo un debuxo do seu animal preferido, a continuación fixemos unha votación para elexir a dez deses animais, elexindo tamén o debuxo que máis lles gustaba. Unha vez elexidos os animais pensamos na información que nos gustaría buscar, elaborando así un guión de aspectos e características que recollería a ficha de cada animal. O seguinte paso foi ir á sala de ordenadores a buscar esa información. Unha vez recollida, pasámola a limpo nas cartulinas, pegamos os debuxos e por último montamos o mural decorándoo.

Comentarios

JUAN CARLOS     25 de mayo de 2017

me parece estupendo que unir en una misma actividad el estudio del medio ambiente y las nuevas tecnologías. Espero que así­ aumente en los niños los valores ecológicos y de protección de la naturaleza.


Escribe un comentario



Últimas Noticias