A pasada semana, o alumnado de 4º da ESO realizou o terceiro debate do curso.
O tema do debate (escollido polo propio alumnado) foi “A Educación Física materia obrigatoria, si ou non?”.
Os dous grupos prepararon moi ben o debate e argumentaron ideas ben interesantes e todos concluímos que é ben cero iso de mens sana in corpore sano.
Xa están a preparar o próximo debate (tamén escollido por eles, no que debaterán se están a ser un problema, ou non, a aparición de partidos de extrema dereita en Europa) que será o primeiro martes lectivo de xaneiro.
Coma sempre, fixemos fotos do momento.

Escribe un comentario



Últimas Noticias