Nesta actividade traballamos a creatividade artística desde un punto de vista lúdico, onde levamos a cabo xogos de música e expresión corporal. Nas imaxes que se adxuntan podemos observar un xogo no que interpretamos a música gráficamente, desta maneira os nenos e as nenas deben representar no mural os sons que emiten dous instrumentos diferenciados, as claves e as maracas. O primeiro emite sons curtos polo tanto as liñas ao pintar deberán ser pequenas pinceladas ou incluso puntos, o segundo ao axitalo constantemente emite sons continuados e máis longos polo que se representará con liñas continuas que representen o movemento por iso non serán rectas. Todo isto, pintando sempre ao ritmo da música.

Escribe un comentario



Últimas Noticias