O pasado martes 13 de novembro, o alumnado de 4º da ESO realizou o segundo debate do curso.
O tema do debate foi “Exhumación dos restos de Franco do Valle de los Caídos si ou non”.
Coma sempre, o alumnado non só aprendeu máis sobre argumentación e contraargumentación, senón tamén da historia recente do noso país e, sobre todo, de escoitar e pensar antes de falar.
Xa están a preparar o próximo debate (que non chegue a ouvidos do profesor Ambrosio, porque o debate será: “Educación Física nas escolas si ou non”) que será o primeiro martes de decembro.
Deixámosvos unha boa chea de fotos do momento.

Escribe un comentario



Últimas Noticias