Moitas veces a actualidade quere facerse un oco na rutina diaria da aula. E durante este inicio de curso atopámonos cun deses casos: os graves incendios que asolaron o sur de Galicia e a meirande parte da zona norte de Portugal.

As alumnas de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Bacharelato realizamos un traballo con exposición sobre os Incendios Forestais, desenvolvendo as súas causas e consecuencias, que complementamos con investigacións sobre o que podemos facer para previlos ou, se xa non hai volta atrás, para paliar o seu impacto no ecosistema.

Pareceunos un traballo moi interesante, xa que é algo que nos tocou vivir, algo afastado desta vez, aínda que dentro da nosa Comunidade. Sempre é importante estar alerta e ben informados, é o que sempre nos din. E realmente, vendo aqueles momentos de caos, démonos conta de que é moi necesario saber que é o que debemos facer cando nos atopamos cun incendio forestal ou vemos como este se achega sen remedio as nosas casas, como ocorreu hai uns meses. E non menos importante é saber como axudar a alguén que estea en perigo.

Non só é necesario saber que facer nestes casos, senón que o principal é saber evitalos, é dicir, moitas veces causamos un estrago deste tipo sen ser conscientes do grande impacto que pode ter como, por exemplo, cando se tira unha cabicha sen apagar no monte.

Papel importante supoñen tamén as actuacións de rehabilitación da zona afectada. Cremos que é imprescindible saber que opcións hai para a reforestación e rehabilitación deses ecosistemas e solos queimados, cando se pode facer e cales son as medidas que mellor axudan na súa pronta rexeneración.


Artigo escrito pola alumna Aldara Calviño Mouro (1º Bac)

Escribe un comentario



Últimas Noticias