O pasado 23 de Abril a “Editorial MonteGrande” comezou a súa andaina.
O alumando da ESO converteuse en editores desta nova editorial e editaron algúns dos grandes títulos da literatura galega e castelá: Os vellos non deben namorarse, O porco de pe, Follas novas, La celestina, El don Juan Tenorio, La vida es sueño, Rayuela, El Buscón, La Regenta...
As magníficas portadas destes exemplares aínda están penduradas no corredor de secundaria para deleite de todos nós. As máis fermosas foron premiadas nun acto no que a alumna de 1º de Bacharelato, Irene Martínez exerceu de xurado e entregou os premios.
Hai que salientar que houbo dos vencedores moi especiais Mario Figueira e Celia Santos (de 4º da ESO) que foron os vencedores de vencedores xa que as súas portadas foron espectaculares (non vos perdades as fotos nas que saen todos os premiados).
Felicidades a todos os novos editores e, especialmente, aos vencedores!

Escribe un comentario



Últimas Noticias