A verdade é que se che din que tes que ir a unha charla científica, sóache un pouco a “que rollo!, non me vou enterar de nada”. Para amosar que isto non é certo, os alumnos e alumnas de 4º da ESO, 1º e 2º de Bacharelato asistiron a estas charlas.

Dunha maneira sinxela, alumnos da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña, faláronlles dos seguintes temas: transxénicos: bos ou malos?; memoria de elefante ou de peixe?; Epixenética: a culpa é dos pais; e especies invasoras.

Con esta iniciativa, a Fundación Barrié e a Universidade da Coruña quixeron levar a ciencia a toda a sociedade, dunha maneira asequible, entretida e divertida, sen esquecer o sentido crítico e o rigor científico.

E estes foron algúns dos comentarios dos nosos alumnos e alumnas:

“O que máis me gustou foi a charla das especies invasoras. Deume moito que pensar”.

“É moi importante ter en conta a opinión doutra persoa e non crerse na posesión da razón”.

“Eu, cando cheguei a casa, estiven debatendo coa miña nai sobre os transxénicos”.

“A min impactoume o comentario de Ana (profesora da Universidade): “Que non vos vendan, comprade vós”. É importante que nos informemos sempre do que oímos e vemos por aí”.

Escribe un comentario



Últimas Noticias